01 Ago

Axudas 2017 para a mellora da competitividade da actividade empresarial ou profesional das persoas autónomas.

Prazo solicitude
Dende o 01/08/2017 ata o 31/08/2017

Beneficiarios
As persoas traballadoras autónomas que residan e teñan domicilio fiscal en Galicia, que teñan unha antigüidade na realización efectiva dunha actividade empresarial ou profesional de maneira ininterrompida na data da solicitude da axuda por un prazo superior a 42 meses e que teñan un rendemento neto reducido dos rendementos de actividades económicas declarados na declaración do IRPF, anual inferior a 30.000 euros e unha facturación mínima anual de 12.000 euros, IVE incluído, declarados no ano anterior ao da convocatoria.

Quedan excluídos desta orde:

a) Os familiares que realizan traballos para persoas traballadoras autónomas.

b) Os autónomos economicamente dependentes.

Requisitos principais do proxecto

Permanecer de alta no RETA durante un tempo mínimo de dous anos desde a solicitude de subvención.
As solicitudes deberanse presentar obrigatoriamente por medios electrónicos.

Contía das axudas.

Poderase conceder para a mellora da competitividade da actividade empresarial ou profesional das persoas beneficiarias desta orde unha subvención, mediante pagamento anticipado, de ata 3.000 euros.

Investimentos e gastos computables.

Esta axuda destinarase a sufragar os gastos nos seguintes servizos:

– Profesionalización: servizos de mellora da xestión financeira e procura de financiamento, servizos de optimización de procesos de produción  e cadea loxística (Software de xestión), relanzamento comercial, imaxe e comunicación e posicionamento web.

– Desenvolvemento estratéxico: plan de mellora empresarial, márketing, redefinición do modelo de negocio e identificación de socios e redes de cooperación.

– Pagamento do importe do cofinanciamento privado dos servizos contratados co Igape a través do programa Re-Acciona.

Serán subvencionables os gastos realizados desde o 01/08/2017 ata o 20/12/2017.

Solicita mais información agora mesmo sen compromiso algún.

Si eres autónomo aprobeita esta oportunidade xa que o prazo límite para a presentación é ata o 31/08/2017.